CONCURSO DE BANDAS

BATEASON

Que é o BateaSon?

O alumnado do IES Audiovisual de Vigo presenta a 2ª Edición do seu concurso de bandas. 


O BateaSon ten como obxectivo dar a coñecer a novos grupos e bandas. 

O concurso será celebrado nas instalacións do propio centro, pretende dar visibilidade ás novas bandas galegas e difundir o traballo destes novos creadores mediante diferentes vías.

Asímesmo, teñen a posibilidade de promocionar as súas cancións e darse a coñecer. 

Quen pode participar?

- Agrupacións musicais de dous ou máis membros.

- Bandas de calquer estilo musical.


Como participar?

- Ser maior de 18 anos.

- Cubrir a folla de inscripción dende a páxina web, esta deberá conter: 

  • Nome do grupo.
  • Xénero musical.
  • Localidade.
  • Nome e apelidos dos integrantes e instrumento que interpretan. 
  • Data de nacemento e DNI de cada un dos participantes. 
  • Datos de contacto (teléfono e correo electrónico do portavoz).
  • Títulos dos temas propios. 

- Ademais, deberán enviarse as cancións orixinais nun dos seguintes formatos: mp3, mp4, wma, aiff ou wav.

- Enviar todos os datos ao correo concursobateason@gmail.com

- Prazo de inscripción: dende o 12/01/2023 ata o 9/02/2023.

En que consiste o concurso?

Trátase dun concurso de bandas nos que cada un deles terá que interpretar dúas cancións orixinais da súa propia autoría. 

As cancións non deben conter linguaxe ofensivo, letras racistas ou homófobas

Valoraráse a calidade da interpretación e a posta en escea por un xurado formado por profesionais do sector. 

Cales son os premios?

Os concursantes optarán polos seguintes premios:

- Unha actuación na sala ''La fábrica de Chocolate''.

- Grabación dunha maqueta no estudo Planta Sónica. 

- Grabación dunha canción no estudo do EAV. 

Data de Celebración

Celebraráse o xoves 2 de marzo de 2023, no teatro do IES Audiovisual de Vigo.

Apertura de portas: 19:30h

Comezo do concurso 20:00h

Xurado

Unha vez finalizadas as actuacións, e tras un periodo de deliberación, un xurado profesional procederá á elección dos gañadores. 

Este xurado estará formado por un mínimo de tres e un máximo de cinco membros. 

Todos os membros do xurado procederán do eido profesional da música. 


Concesión e entrega dos premios

Os gañadores coñeceránse trala deliberación do xurado profesional e a entrega dos premios realizarase ao finalizar o certamen. 

Os resultados publicaránse na web e nas redes sociais. 


Réxime de responsabilidade

- A organización resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios en caso de que os temas non acaden a calidade desexada. 

-  A organización do festival poderá rebocar calquera dos premios en caso de detectar algunha irregularidade como a linguaxe despectiva e/ou ofensiva. 

- O feito de presentar a inscrición no concurso, implica a aceptación das bases na súa totalidade. 

- O prazo de inscrición finalizará o 9 de febreiro de 2023. 

- O concurso está organizado polo IES Audiovisual de Vigo, quen terá pleno dereito sobre a imaxe e son tomados na fase do concurso. 

- Teranse en conta as limitacións técnicas de cada grupo. 


Exclusión dos participantes

A organización do certamen resérvase o dereito a excluir aos grupos que non se axusten ás bases do concurso, que non entreguen toda a información ou que presenten datos falsos e/ou erróneos. 
Rúa de Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, Pontevedra
Todos los derechos reservados 2023
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar